Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ribeira formará a comerciantes locais no uso de redes sociais

Dentro da proposta Ribeira, un mar de comercio, promovida polo Concello de Ribeira coa colaboración da patronal, no mes de xuño van ter lugar dous cursos formativos destinados ao sector comercial do municipio por parte de prestixiosas expertas na materia: un curso de formación en redes sociais a cargo da youtuber e community manager Isa Villanueva, e outro de Instagram para negocios por parte de Isabel Cendán.

A iniciativa foi presentada pola concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, e polo presidente da patronal, Francisco Martínez. Enmárcase no Programa de Apoyo a la Competitividad del Comercio Minorista 2020 do convenio subscrito entre o Ministerio de Industria, Comercio y Turismo e a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de España para o desenvolvemento de programas de apoio á competitividade do comercio minorista.

Tocante ao curso de formación en redes sociais, realizarase en tres xornadas presenciais en días diferentes e terá unha duración de tres horas diarias cada unha delas. Ensinaranse métodos para promocionar e mellorar a imaxe de marca utilizando Instagram, Facebook, Youtube ou Canva.

Polo que se refire ao curso de Instagram para negocios, realizaranse dúas sesións de formación presenciais en días diferentes e terán unha duración de catro horas diarias cada unha delas. Falarase de aspectos diferenciados de Instagram enfocados ás vendas online.

A reserva das prazas poderá realizarse no correo electrónico turismo@ribeira.gal desde o 28 de maio ata o 3 de xuño. Os cursos terán lugar na sede da asociación de empresarios e o número de prazas de cada curso será o estipulado segundo o aforo que marque a normativa sanitaria da COVID nese momento.

27 may 2021 / 13:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.