Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira inclúe o Camiño A Orixe no programa de ocio dos campamentos

RIBEIRA. Con motivo da celebración do Día dos Pelegríns, os pequenos e pequenas que están a asistir aos campamentos municipais de conciliación do programa Verán Cultural do Concello de Ribeira realizaron un tramo do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe. Ademais, o alumnado incluso elaborou as súas propias cunchas de pelegrín para mergullarse de cheo na tradición xacobea. Por outra banda, máis de oitenta nenos e nenas que están a participar este verán nos campamentos municipais de conciliación Xoga con Nós e Camp of Cultura Summer visitaron este mércores a casa consistorial, onde foron recibidos polo alcalde, Manuel Ruiz, no salón de plenos. O rexedor explicoulles como é o día a día na administración local e os cativos e cativas recibiron de mans de Ruiz un pequeno agasallo no nome do Concello. s. s.

27 jul 2022 / 14:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.