Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 29 julio 2021
03:33
h

Ribeira instalará dous centros de compostaxe en Abesadas e O Touro

O Concello vai adquirir tamén unha máquina biotrituradora e 85 recipientes de residuos

Ribeira. A xunta de goberno local do Concello de Ribeira procedeu a adxudicar provisionalmente a implantación de dous centros de compostaxe comunitario para o tratamento in situ de biorresiduos no casco urbano, e o subministro de 85 composteiros domésticos para tratamento de biorresiduos en vivendas.

A empresa que obtivo a mellor clasificación durante o proceso de contratación foi Narabeen Global Services, S.L., conforme a unha proposta de 38.499 €, IVE incluído.

Este proxecto contempla a implantación de dúas áreas de compostaxe comunitario nas zonas das Abesadas e O Touro que recibirán a fracción de residuos orgánicos dos domicilios nun radio de 500 metros, así como os residuos orgánicos procedentes do comercio de alimentación e hostalería máis próximos.

Tamén se empregarán restos de desbroces, podas e céspede tanto das hortas e xardíns de propiedades particulares (vivenda individual ou colectiva con zonas verdes) como os procedentes dos parques e xardíns municipais,no radio de afección do centro de tratamento comunitario.

Este material residual procedente de parques e xardíns empregarase como material estruturante. Tamén se prevé a dotación dunha biotrituradora-racheadora que será compartida polos dous centros de compostaxe. s. s.

22 jul 2021 / 17:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.