Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira licita obras en sete parroquias por máis de setecentos mil euros

A xunta de goberno local do Concello de Ribeira deu luz verde na súa reunión deste xoves aos expedientes de contratación de oito actuacións que se van executar en sete parroquias do municipio, sumando un investimento total de 707.492 euros.

Así, nos próximos días darán comezo as aperturas dos distintos prazos de presentación de ofertas por parte das empresas interesadas en executar estas obras, todas elas enmarcadas en distintos Plans Provinciais de Obras e Servizos (POS).Trátase da renovación servizos na rúa do Vilar (Palmeira) por 134.602 €; a segunda fase da execución de beirarrúas na estrada AC-550 no tramo da Gándara (Oleiros) por 56.611’12 €; a pavimentación dun camiño en Sego (Artes) por 30.719 €; a renovación servizos na rúa das Américas (Aguiño) por 182.934,89 €; a pavimentación dun camiño en Gándara (Artes) por 34.413,63 €; a pavimentación e renovación servizos na rúa Falcato e travesía (Corrubedo) por 76.133,13 €; a pavimentación da Praza Amarella (Ribeira) por 58.464,19 €; e a renovación da liña de abastecemento da estrada DP-7305 (Carreira) por 133.614,08 €.

Todas estas intervencións súmanse a outras catro actuacións pertencentes ao POS que están agora mesmo en período de presentación de ofertas e que suman outros 432.671,35 euros, o que eleva o investimento global desbloqueado nestas últimas semanas a 1.140.163 euros.

Son o acondicionamento do entorno do conservatorio de Aguiño (49.471,12 €), a pavimentación da rúa Romero Ortiz en Ribeira (164.161,24 €), a instalación de beirarrúas e pluviais na Ameixida en Castiñeiras (70.491,20 €) e a renovación da liña de abastecemento no lugar da Mámoa (148.547,79 euros).

11 mar 2021 / 14:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.