Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira ofrece visitas á mostra sobre o ‘Santa Isabel’ en clave teatral

Complementaranse en agosto con dúas viaxes a Sálvora, a illa fronte á que naufragou o vapor

Ribeira. O Museo Municipal de Ribeira vai ofrecer durante este verán visitas teatralizadas gratuítas coa finalidade de dar a coñecer a exposición temporal Bravura, que alberga o primeiro andar da instalación cultural con motivo do centenario do afundimento do vapor Santa Isabel.

Haberá visitas dirixidas a grupos de vinte rapaces e rapazas con idades a partir dos seis anos que están a participar nalgún dos campamentos adheridos aos Bonos Concilia. Terán lugar os días 3, 4, 5, 10 e 12 de agosto, de 10.00 a 12.00 horas. Serán teatralizadas coa axuda dunha artista caracterizada de heroína de Sálvora, que fará entender ós cativos, dunha maneira amena e divertida, a historia do tráxico afundimento.

Complementaranse na segunda quincena de agosto con dúas viaxes á illa de Sálvora (para dous grupos de 125 persoas apoximadamente) cos mozos e mozas que visitaron o museo ribeirense.

Ademais, tamén se ofrecen visitas guiadas teatralizadas, de 45 minutos de duración, con carácter aberto a familias e particulares, cun mínimo de cinco persoas e un máximo de vinte. Estás previstas para o trece e o vinte de agosto, en ambos casos de 12.00 a 13.00 horas. Os interesados deben chamar ó número de teléfono 981 873 595. s. s.

29 jul 2021 / 13:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.