Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 22 julio 2021
00:32
h

Ribeira organiza un foro sobre estrés, accidentes caseiros ou alimentación

RIBEIRA. O centro cultural Lustres Rivas de Ribeira acollerá en maio as Xornadas Saudables que organiza a concellería de Servizos Sociais e que inclúen catro charlas dedicadas á alimentación, a prevención de accidentes, o dolo nos coidadores e o manexo do estrés. Arrancará o venres 7 da man de Dolores Otero (enfermeira), quen falará de alimentación saudable e uso da medicación. Seguirá o día 14 cun taller de prevención de infeccións, hixiene de mans, uso de medicamentos e prevención de caídas e accidentes, a cargo de Isabel Ferreiro (médico); o día 21, ca charla sobre os coidadores e a situación de dolo, a cargo de Marichel Costa (enfermeira); e o día 28, cunha sobre o manexo do estrés e a ansiedade, que impartirá Marcos Calvo (psicooncólogo clínico). Todas serán ás 16.00 horas, menos a última, que será ás 16.30. s. souto

28 abr 2021 / 14:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.