Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira presentou 342 alegacións á consulta estatal sobre zonas sen banda ancha ou con rede insuficiente

O Concello de Ribeira presentou un total de 342 alegacións á consulta pública do Goberno do Estado sobre zonas sen banda ancha ou con banda ancha insuficiente, logo de efectuar a súa propia consulta á cidadanía do municipio sobre estas carencias.

Por parroquias, donde máis alegacións se formularon foi en Aguiño (80) e Ribeira (76), seguidas de Carreira (56), Palmeira (38), Castiñeiras (36), Artes (29), Corrubedo (14), Oleiros (9) e Olveira (4).

Cómpre lembrar que a iniciativa de facer un chamamento á cidadanía do municipio foi impulsada dende a concellería de Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación cidadá, que dirixe Ana Barreiro Rego, no ánimo de ofrecer ao Estado a información máis completa posible ante a intención deste de elaborar un listado de zonas potenciais de actuación e recepción de axudas enmarcadas no Plan de Colectividade e Infraestruturas Dixitais, que ten unha dotación de 2.320 millóns de euros.

A este respecto, o Executivo estatal, usando a información facilitada polos operadores, realizou unha listaxe preliminar de zonas (brancas ou grises) e abriu un prazo ata o 29 de maio para que os interesados formulasen as súas observacións e propostas de rectificación se é o caso.

Outros municipios galegos que emprenderon medidas similares foron Bergondo e Cambados.

31 may 2021 / 14:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.