Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira vai renovar os servizos e o pavimento da rúa Falcato

Sacaron a licitación a actuación e as firmas dispoñen ata o cinco para presentar ofertas

Ribeira. O Concello de Ribeira vén de informar da licitación dunha actuación dirixida a renovar os servizos e a pavimentación da rúa Falcato e da travesía do mesmo nome, ambas situadas na localidade de Corrubedo. O orzamento de licitación ascende a 76.133,13 € estando o investimento enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal. O prazo de execución son tres meses.

Segundo sinalaron dende o executivo local, a día de hoxe os servizos de augas e saneamento nesta zona son antigos e rexistran avarías frecuentes, en tanto que o pavimento de formigón se atopa en mal estado.

Coa fin de solucionar estas eivas vaise executar un proxecto que inclúe, en canto a instalacións, a disposición polo centro da calzada dun colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro para canalizar as augas pluviais, ademais de construír arquetas de sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado e acometidas de pluviais nas vivendas existentes. Para saneamentos, tamén se colocará un colector de PVC liso de 315 milímetros de diámetro, así como a realización de acometidas domiciliarias e pozos de rexistro.

No que atinxe á pavimentación vaise empregar pavimento de formigón de 15 cm de espesor, intercalado con franxas de lousas de granito.

As empresas interesadas dispoñen ata o 5 de abril para presentar as súas ofertas. Débeno facer a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia. m. t.

22 mar 2021 / 15:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.