Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira vai simplificar os trámites urbanísticos

ribeira. Máis simplicidade burocrática, menos custes e menos papel é o que vai supoñer o convenio para acadar a interoperatibilidade entre o procedemento de tramitación de traballos profesionais do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e o de tramitación de licenzas e outras autorizacións urbanísticas do Concello de Ribeira. As persoas físicas ou xurídicas xa non terán que incorporar nas peticións de licenzas no rexistro municipal outras autorizacións que estiveran tramitadas polo COAG, o que lles suporá reducir os custes económicos e cargas administrativas, ademais de reducir a carga de traballo do rexistro presencial. Este mecanismo permitirá ao Concello obter en formato electrónico unha copia da documentación técnica e administrativa tramitada no COAG. Así, eximirase aos solicitantes da licenza ou tramitación urbanística da obriga de achegar dita documentación en papel ou dixital no rexistro xeral ou sede electrónica. s. s.

09 abr 2021 / 17:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.