Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ruiz esta aberto ó diálogo para mellorar a obra da rúa Castelao

Mantivo un encontro cos veciños que firmaron en contra do sentido único da vía // Primarán as normas de accesibilidade

No transcurso dun encontro veciñal do goberno local en Aguiño ao que asistiron residentes que firmaron en contra do sentido único na rúa Castelao, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, manifestou ante os mesmos a súa disposición a manter cantas reunións sexan oportunas coa veciñanza da localidade co obxecto de introducir melloras sobre o proxecto que se está executando.

A administración considera que tales melloras deben respectar en calquera caso o contido do Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Ribeira aprobada de forma definitiva no mes de maio de 2022, cuxa proposta 2.2 di que cando os anchos da vía non permitan a doble dirección, o aparcamento e unhas beirarúas accesibles, a prioridade municipal será sempre a accesibilidade nas mesmas.

Así mesmo, o Concello está obrigado a observar a lexislación vixente, que obriga a que o ancho dos itinerarios peonís sexa de 1,8 metros libres de obstáculos, salvo excepcións nas que permitiría un ancho de 1,5 metros (Orde TMA/851/2021 do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana).

Resultando evidente que a separación entre casas non dá para todo (dobre dirección, carril bici, beirarrúas accesibles e prazas de aparcamento), o goberno local considera “que o prioritario e imprescindible é que se garanta o dereito das persoas a entrar e saír das súas vivendas”, explicaron ao respecto fontes municipais.

A partir de aí, Concello e veciños poden abordar posibles melloras en aspectos como as paradas de autobús, o traxecto do carril bici ou facilitar que un vehículo de emerxencias poida operar sen que se teña que obstaculizar o tráfico.

Cómpre lembrar que a obra en execución, cofinanciada con fondos europeos e que abarca unha lonxitude de máis de 1.700 metros na fronte de Aguiño, implementa outras melloras en aspectos como a recollida de pluviais, ademais de crear un miradoiro no entorno da Tasca, remodelar a zona de entrada ao porto ou crear sendas pistas de calistenia e pumptrack en Transporto. Comporta un investimento de 918.623 euros.

26 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.