Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ruiz insta a Patrimonio Natural a repensar a prohibición de acceder á illa ribeirense de Rúa

Ribeira. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, trasladoulle á directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, a súa preocupación en relación a algúns puntos incluídos no proxecto de orde polo que se establecen as normas relativas ao uso público e de actividades recreativas nos illotes dos Guidoiros e Rúa, proxecto que está actualmente en trámite de audiencia.

Neste senso, o goberno local entende que non hai razóns ou fundamentos para prohibir a pesca deportiva en case 11 kilómetros cadrados da ría de Arousa. Ademais, no que atinxe á illa de Rúa (situada dentro do termo municipal ribeirense), o executivo considera que se debería repensar a prohibición absoluta á hora de acceder a ela, tendo en conta a relativamente escasa presión humana que rexistra, así como as súas cualidades diferenciais en canto á súa orografía e configuración respecto aos outros dous illotes.

O alcalde recibiu ademais a aclaración de que este documento non pretende impedir o paso de embarcacións recreativas pola área afectada tal e como podería dar pé a unha posible interpretación. O Concello presentará alegacións. S. Souto

28 oct 2022 / 16:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.