Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ruiz presidiu o acto de entrega das dezaoito becas outorgadas a deportistas municipais

Ribeira. Un total de dezaoito deportistas do municipio recibiron a pasada fin de semana cadansúas becas –cun importe global de 9.000 €– do Concello de Ribeira nun acto celebrado na casa consistorial e que estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz. O mandatario local felicitou a estes deportistas polo seu esforzo e logros e expresou a súa esperanza en que se aumente a dotación no vindeiro exercicio, antesala dos Xogos de París 2024. Ademais recordou que este ano se puideron incrementar substancialmente as axudas aos clubs (un 66 % máis que o ano pasado, ata 150.000 euros) e recordou diversas infraestruturas deportivas cuxa tramitación está en marcha por máis de cinco millóns de euros, como o módulo cuberto de atletismo e artes marciais no complexo deportivo da Fieiteira (o Consello da Xunta vén de aprobar unha nova adenda ao convenio de colaboración co Concello polo que se destinan 2,7 millóns de euros a este proxecto), o Centro Municipal de Deportes Náuticos, o novo céspede artificial do Complexo da Tasca en Aguiño, a nova grada na Fieiteira, ou a nova Área de Deportes Urbanos no Touro, entre outras actuacións. ecg

14 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.