Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

San Bartolomé amosa ós profesionais os usos das macroalgas nun curso

NOIA. No marco do proxecto Formanoia, a confraría de pescadores San Bartolomé de Noia acolle estes días un curso de aproveitamento de macroalgas. Consta de tres sesións prácticas, que se desenvolveron esta semana, e dúas prácticas, que terán lugar os días 27 e 28 deste mes. Para estas últimas xornadas fixaron un obradoiro de cociña con algas e outro sobre elaboración de produtos cosméticos, segundo indicaron dende o pósito.

Con esta actividade formativa búscase achegar aos profesionais do mar información sobre as macroalgas mariñas, o seu ciclo biolóxico e os factores que inflúen na súa distribución costeira; identificar as principais especies de interese comercial da costa galega, as súas aplicacións e os seus usos; coñecer os requisitos necesarios para a súa extracción e as empresas que comercializan algas en Galicia. m. c.

23 jun 2022 / 19:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.