Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sarmiento falará en dous institutos ribeirenses da arte contra a guerra

A historiadora ofrecerá relatorios no Leliadoura e no Número 1 nun foro organizado por A Forxa

Ribeira. A historiadora da Arte Rosario Sarmento vai impartir este xoves 25 dous relatorios nos institutos de Ribeira sobre o papel dos artistas galegos na denuncia dos conflitos armados. Organizada pola firma cultural A Forxa co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello, as ponencias levarán por título Da guerra coma arte á arte en contra da guerra e terán lugar ás 09.40 horas no IES Leliadoura e ás 12.00 no IES Número Un.

“A guerra, os seus protagonistas, os seus escenarios e as súas consecuencias teñen sido na arte contemporánea temas sobres os que moitos creadores traballaron, denunciando moitas veces os abusos, as atrocidades e a dor que sempre deixa tras de si calquera conflito armado”, explica Rosario Sarmiento.

Sen embargo, “non será ata finais do século XVIII e comezos do século XIX cando a maneira máis académica de relatar as guerras como acontecementos heroicos ou grandiosos será posta en cuestión por un artista como Francisco de Goya, que marcará a modernidade deste xénero artístico”, dixo. En Galicia, Ramón Parada Justel será pioneiro nesta denuncia en 1899 co cadro A familia do anarquista o día da execución. s. s.

23 feb 2021 / 15:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.