Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sete mulleres de Lousame aprenden técnicas de autodefensa nun curso

Lousame. Sete mulleres de Lousame participan nun curso de autodefensa que consta de dúas sesións de adestramento físico e psíquico para saber como actuar ante diversas situacións problemáticas. Unha iniciativa organizada polo Concello, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, a Federación Galega de Loita, a Academia Galega de Seguridade Pública e o Ministerio de Igualdad.

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, destacou que “foi unha sesión moi completa. Catro horas durante as que aprendemos comportamentos e técnicas para tratar de evitar unha agresión. E, no caso de que se produza a agresión, como poder reaccionar e saír airosas de agarres e bloqueos. Fixemos o traballo en pé e para o vindeiro sábado está prevista unha sesión sobre ataques en solo”.

A primeira xornada tivo lugar o pasado sábado no ximnasio do CPI Cernadas de Castro. O monitor da Federación Galega de Loita explicoulles como actuar diante de diversas situacións de violencia, facendo fincapé na importancia de actuar de forma rápida e contundente para conseguir o tempo necesario para fuxir do lugar.

Para a próxima sesión, que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de decembro, entre as 16.00 e as 20.00 horas, as alumnas aprenderán técnicas e autodefensa no chan. Cómpre destacar que este é o terceiro curso gratuíto de defensa persoal para mulleres que organiza o Concello de Lousame, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, a Federación Galega de Loita, a Academia Galega de Seguridade Pública e o Ministerio de Igualdad. m. c.

13 dic 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.