Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Solicitaron axudas do PEL Reactiva 241 firmas de Boiro e 143 da Pobra

O executivo pobrense estuda lanzar unha segunda liña para as que quedaron fóra

Boiro. Un total de 241 empresas e autónomos de Boiro solicitaron as axudas do PEL Reactiva que o Concello convoca co financiamento da Deputación da Coruña para axudar a combater a crise económica e social pola COVID.

Están destinadas a empresarios con ou sen traballadores ó seu cargo, e microempresas, sexa cal sexa a súa forma xurídica, que se visen afectados polo peche do estado de alarma; que non se visen afectados polo mesmo, pero cuxa facturación no segundo trimestre se vise reducida a un 75 %; ou que se visen obrigados a facer un ERTE.

Pola súa banda, na Pobra do Caramiñal foron 143 as empresas e autónomos que requiriron estas achegas. Co número de solicitudes presentadas non se vai esgotar a totalidade da partida destinada. Ademais, tal e como xa anunciara o goberno local, estudarase a posibilidade de sacar unha segunda liña de axudas para chegar a aquelas persoas que non resulten beneficiarias desta convocatoria, a pesar de sufrir as consecuencias da situación derivada da COVID e que non foron capaces de cumprir os requisitos esixidos. s. s.

27 nov 2020 / 19:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito