Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sumaranse ás actividades polo 25-N as profesionais do mar da ría de Muros-Noia

Noia. O próximo xoves as mulleres profesionais do mar, mariscadoras das confrarías de Noia e Muros, organizan unha actividade de protesta contra as violencias machistas. Según informaron dende o Galp Costa Sostible, ás 10.30 horas na praia de Testal, no concello noiés, interpretarán unha canción, referente a nivel mundial na loita das mulleres, que será gravada en vídeo sumándose á campaña conmemorativa do 25-N.

Para preparar esta iniciativa, as protagonistas estiveron reuníndose nas fins de semana, ensaiando o tema acompañadas por un profesional do canto.

A actividade forma parte dun programa más amplo de accións que coordina a Asociación de Mulleres do sector pesqueiro SEO-Fisterra Ría de Muros Noia e que conta co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade dentro dun paquete de axudas destinado a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, apuntaron dende o Galp. m. t.

22 nov 2021 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.