Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Talleres, mostra e contacontos polo Día do Libro na vila lousamiá

Lousame. O Concello de Lousame conmemorará o Día do Libro este sábado 23 de abril cun amplo programa de actividades que dará comezo ao mediodía. O cartaz inclúe o contacontos Balbina, un obradoiro de refugallos dirixido a nenos e nenas de 3 a 6 anos, a inauguración da exposición Involución e unha serie de obradoiros culturais dirixidos a rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos. Todas as iniciativas, que se desenvolverán na casa da cultura lousamiá, son gratuítas, pero para asistir é preciso inscribirse previamente a través de bandoticket.com.

Cun amplo abano de actividades, o Concello de Lousame pon o punto final á programación elaborada co gallo do Mes do Libro, o cal se iniciou o pasado dous de abril coa conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil e baixo a lenda As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día. m. c.

19 abr 2022 / 20:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.