Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tende a man o BNG ós afectados polo parque eólico

NOIA. Membros do BNG noiés visitaron os lugares de Vilardante e Vilafabeiro logo de coñecer o anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia sobre unha solicitude de autorización administrativa previa para a instalación do parque eólico Huracán nos municipios de Noia, Lousame, Rois, Brión, Ames e Santiago. O complexo, segundo o BOP, contaría cuns aeroxeradores dunha altura amplamente superior aos 100 metros de altura, situándose o seu rotor a 105 m sobre o chan. A visita do BNG tivo como motivo ter un primeiro achegamento á veciñanza para informarlles do anuncio, comprometéndose a estudar o proxecto e prestar toda a axuda necesaria aos afectados. m. c.

07 sep 2021 / 19:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.