Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Última intervención das brigadas deseucaliptizadoras en Lousame

Lousame. As brigadas deseucaliptizadoras de Verdegaia e a Fundación Montescola organizaron a pasada fin de semana as últimas xornadas do ano, nas que unha vintena de voluntarios e voluntarias en pequenos grupos eliminaron eucaliptos e acacias en media hectárea dunha zona de carballeira en Froxán, no Concello de Lousame.

Montescola e as brigadas fixeron un balance positivo do 2020, a pesar das dificultades para realizar convocatorias e a necesidade de organizar as intervencións en pequenos grupos. Mesmo así, destacan que ao longo deste ano fixéronse 15 intervencións sumando xa máis de novecentos brigadistas participantes.

Neste exercicio interviron en Froxán, Corcubión, Valón, Montefaro, Coruxo, Darbo, O Hío, Mondariz Balneario e Lentille. Concretamente, en Froxán leváronse a cabo seis actuacións en colaboración coa comunidade de montes deste lugar e coa Fundación Montescola.

Segundo sinalaron, as brigadas volverán a retomar a actividade no mes de xaneiro, se as circunstancias sanitarias o permiten, cunha intervención no monte de Lentille. Tamén están programadas novas xornadas en Cedeira, Ferrol e Lousame. m. t.

31 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito