Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Última visita teatralizada sobre ‘A Pobra xacobea’

A Pobra. No marco da iniciativa O teu Xacobeo, Serafín Marcos regresa á Pobra cunha nova visita teatralizada. Baixo o título A Pobra xacobea, retomarase a ruta polo exterior, percorrendo diversos emprazamentos da vila que gardan relación co Camiño, ademais de ofrecer algunha sorpresa. Deste xeito, anticípase o Xacobeo 2021 cunha programación social e cultural que se desenvolverá en toda a xeografía galega, impulsada pola Xunta, e que, no caso concreto do municipio, consistiu en viaxes en veleiro e visitas teatralizadas.

A actividade transcorrerá o sábado 10, a partir das 19.00 horas, e estableceuse como punto de encontro a Casa Mariñeira (parque do Castelo). En caso de chuvia, trasladarase ao auditorio do Museo Valle-Inclán. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deben formalizar a súa inscrición por Whatsapp no número 687 482 835 ou enviando un correo electrónico a turismo@apobra.gal.

Por outra banda, o auditorio de Ribeira acollerá o domingo 11 ás 18.00 un espectáculo circense de Pistactiva ca participación de as Sircópatas e de Rilo & Penadique. É preciso reservar praza. s. S.

07 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.