Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un carnotán recoñeceu ser o autor dun incendio

Carnota. A Policía Autonómica, en colaboración con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), dependente da Consellería do Medio Rural, esclareceu un incendio forestal no concello coruñés de Carnota.

Segundo apuntaron este martes dende o Goberno galego, axentes da xefatura da Policía Autonómica con sede en Santiago de Compostela esclareceron un lume ocorrido o pasado día 22 de xaneiro na parroquia do Pindo (San Clemente), no que se viron afectados 6.000 metros cadrados de superficie rasa.

Froito da investigación, os axentes identificaron a unha persoa como presunta autora do incendio debido a unha posible neglixencia á hora de realizar unha queima de restos forestais sen autorización.

As rachas de vento fixeron que o lume prendera na vexetación próxima, o que deu lugar ao inicio do incendio. O investigado recoñeceu os feitos e admitiu que non foi capaz de sufocar as lapas.

As dilixencias por estes feitos remitíronse ao Xulgado de Garda de Muros.

Desde a Xunta de Galicia destacan que se trata da segunda persoa investigada este ano pola Policía Autonómica como presunta autora dun incendio forestal. m. c.

25 ene 2022 / 19:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.