Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha nova ruta vai amosar o día seis os encantos que ten Carnota

Carnota. O Concello de Carnota puxo en marcha o pasado 23 de outubro o programa de andainas Carnoteando, co que busca promover o deporte e dar a coñecer os encantos do municipio, que se desenvolverá ata o vindeiro mes de decembro. A seguinte saída, cun percorrido de 12 km e dificultade media, está fixada para o seis de novembro.

Os camiñantes cubrirán unha ruta circular con inicio e fin no concello de Carnota e terán ocasión de ver o petróglifo da Laxe Escrita ou as inmediacións da fervenza de Pedrafigueira e do Bico do Santo. Segundo informaron fontes municipais, as persoas que desexen participar na actividade xa poden inscribirse na web municipal (carnota.gal). A terceira e última andaina, de 16 km, terá lugar o 11 de decembro e nela descubrirán Lariño e Lira. Partirá da antiga escola unitaria de Lariño, onde rematará.

Por outra banda, o goberno local informou da volta das manualidades ao municipio. Trátase dunha actividade dirixida á veciñanza para aprender as técnicas con diferentes materiais, mellorar a concentración e reducir o estrés. As clases levaranse a cabo en Lira e Carnota a partir do vindeiro 8 de novembro. Máis información no teléfono 981 857 032 (extensión 2). m. c.

31 oct 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.