Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unha ruta turística pon o foco na riqueza do río das Pedras, en A Pobra

As vindeiras saídas están fixadas para os días 22 e 29 deste mes e o 5, 19 e 30 de agosto

A Pobra. Un dos principais reclamos paisaxísticos da Pobra do Caramiñal é o río das Pedras, na contorna das piscinas naturais, polo que a concellaría do Turismo lanzou unha ruta turística guiada que se suma ao completo calendario de lecer deseñado para a tempada estival.

Esta nova actividade, que se iniciou o pasado venres, remarca a aposta da administración local por diversificar a oferta turística poñendo o foco, nesta ocasión, nunha paraxe de gran riqueza que reúne natureza, historia e lendas.

Segundo informaron dende o Concello, o itinerario é ofrecido por un guía titulado e as vindeiras saídas están fixadas para os días 22 e 29 de xullo, así como nas xornadas do 5, 19 e 30 de agosto. A duración será de 3 horas, nas cales se completarán aproximadamente 2 quilómetros. A dificultade é media-alta, polo que está recomendado para maiores de 12 anos.

As saídas efectuaranse ás 10.00 horas, co aparcadoiro fronte ao mercado municipal como punto de encontro.

As prazas son limitadas e requírese inscrición previa na oficina do turismo, situada na Casa Mariñeira,chamando ó 671 090 262 ou no enderezo electrónico turismo@apobra.gal. O importe a pagar para desfrutar desta experiencia estipúlase nos 13’50 € por persoa e inclúe tamén o traslado en autobús. m. c.

11 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.