Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Valoran en sete millóns a obra para recuperar o marisqueo na Pobra

A Xunta xa traballa nos estudos para ampliar o atraque e abrir paso ás correntes modificando o acceso ó peirao // Estarán listos en 19 meses

A deputada do PP Elena Suárez salientou no Parlamento que a Xunta está a traballar no estudo para a solución do problema do marisqueo na Pobra, que prevé a posible remodelación do acceso ao peirao comercial e a ampliación do atraque no porto. Esta obra comprendería a substitución parcial do acceso actual por unha solución permeable ás correntes, estudando as diferentes alternativas de solucións construtivas, así como o estudo da ampliación do atraque comercial cara ao interior do porto.

Elena Sánchez incidiu en que “estes proxectos deberán avaliarse con moito detalle desde o punto de vista da afección ao hidrodinamismo e repercusións sobre os bancos marisqueiros”. O prazo de execución dos estudos e a redacción deste proxecto é de 19 meses e, de levarse adiante, as obras suporían un investimento aproximado superior ós 7 millóns de euros.

Diante desta situación, e dado que a Xunta xa está a traballar neste proxecto, o PP apoiou a aprobación na Comisión de Pesca dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a poñer en marcha de inmediato todas as actuacións que sexan precisas para analizar posibles solucións á situación do porto da Pobra pola modificación da dinámica das correntes mariñas, así como a avaliar entre elas a apertura definitiva de varias canles de corrente no peirao comercial, de xeito que favo-
rezan o desenvolvemento
do marisco nas concesións
de O Areal e Os Raposiños.

Pola súa banda, o BNG adxudícase o logro de dito acordo parlamentario en base á súa iniciativa, defendida pola deputada Rosana Pérez, quen lembrou que “a construción do peirao comercial (e a súa posterior ampliación) e o recheo que hoxe serve basicamente de aparcamento supuxeron dende o primeiro momento a perda definitiva dunha área produtiva de mariscos nas concesións da confraría da Pobra que trouxo a diminución dos recursos do seu sector marisqueiro”.

Según dixo a deputada nacionalista, isto aconteceu porque estas actuacións afectaron á dinámica das correntes e á redistribución dos sedimentos que existía nesta área (provocando un estancamento da auga coa conseguinte acumulación de lodos).

20 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.