Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vinte e cinco persoas tentaron impedir o arresto dun rianxeiro por resistencia

A Policía tivo que pedir reforzos e facer uso de gases lacrimóxenos e das armas de defensa

Rianxo. A Policía Local de Rianxo detivo un varón de 24 anos e residente no municipio como presunto autor dos delitos de desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade, e á denuncia de dous acompañantes.

Os feitos ocorreron arredor da unha da madrugada deste venres cando unha patrulla que prestaba servizo de control de horarios de peche e normativa sanitaria observou a presenza dun grupo de persoas consumindo bebidas alcohólicas na vía pública. Ó proceder á identificación dos mesmos, un dos integrantes do grupo desobedeceu os requerimentos de identificación, insultando ós policías, escachando un vaso no chan e emprendendo a fuxida ata que se lle dou alcance.

Nese intre, tentou golpear a un axente, polo que foi inmovilizado, iniciando un forcexo. Foi entón cando se persoaron unhas 25 persoas, coñecidas de dito individuo, ca intención de impedir a súa detención. Os policías solicitaron reforzos e mesmo tiveron que facer uso das defensas e gases lacrimóxenos regulamentarios para garantir a súa integridade e dispersar dito grupo, conseguindo deter ó autor dos feitos e identificar a varios dos intervintes.

O detido ingresou nos calabozos da Garda Civil á espera da súa posta a disposición xudicial. Un dos policías sufreu lesións polas que foi atendido no centro de saúde.

A Policía Local leva a cabo unha investigación para identificar ó resto dos implicados nestes feitos. s. souto

18 sep 2020 / 13:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.