Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xincana polo 17 de maio en Noia

noia. O Concello de Noia organiza a Xincana 17M para conmemorar o Día das Letras Galegas, na que poderán participar todas as persoas do municipio que conformen un grupo de 3 a 6 membros (como máximo). Cada equipo inscribirase por WhatsApp no teléfono 677 555 748 antes do sábado 14 de maio, empregando o formulario dispoñible na páxina web municipal baixo un pseudónimo. A actividade levarase a cabo o propio 17 de maio, dende as 17.00 ás 20.00 horas. O punto de encontro será a porta do consistorio, na Alameda, onde dará comezo o xogo coa entrega da primeira pista. Os tres primeiros clasificados recibirán un vale de 120, 80 e 50 € para gastar no comercio ou na hostalaría. c.g.

12 may 2022 / 19:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.