Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xornada de portas abertas de Alcóholicos Anónimos no teatro Elma en A Pobra

Para asistir as persoas interesadas deberán inscribirse chamando ao 981 832764

A Pobra. O teatro cine Elma dará cabida o sábado 10 de xullo, a partir das 12.30 horas, a unha xornada aberta de información pública organizada por Alcohólicos Anónimos, en colaboración coa concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, para dar a coñecer o labor da mencionada agrupación.

Segundo explicou un dos integrantes da mesma, trátase “dunha comunidade de persoas que comparten a súa mutua experiencia, fortaleza

e esperanza para resolver o seu problema común e axudar a outros a recuperarse do alcoholismo”. O único requisito para ser membro é o desexo de deixala bebida, sen pagar honorarios nin cotas.

Pola súa parte, a edil dos Servizos Sociais, a nacionalista Amparo Cerecedo, puxo en valor o cometido de Alcohólicos Anónimos, co cal o Concello colabora dende hai un mes, “coa finalidade de combater as adiccións de maneira activa e xenerosa, ademais de facilitarlles o local dos Servizos Sociais para realizar as súas reunións semanais”.

A concelleira tamén manifestou que toda aquela persoa que se atope nesta situación pode achegarse ata o departamento que dirixe, dende onde se lles porá en contacto coa agrupación.

Os interesados en asistir á xornada deben realizar a súa

inscrición chamando ao teléfono 981 832764.

visitas Por outra banda, o Concello pobrense informou de que o Museo Valle-Inclán retoma as visitas guiadas. Un grupo de 10 persoas formado por alumnas e pola mestra do curso de lingua de signos impartido pola academia Aprende. Centro de Estudios da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, coñeceu a finais de xuño o patrimonio cultural que atesouran as salas do museo a través dunha visita comentada da man do seu director, Antonio González Millán.

Volve así este servizo logo dunha interrupción das visitas de grupos concertados como consecuencia da situación derivada da COVID. Os colectivos interesados nesta alternativa para descubrir a sala museística e os seus fondos deben efectuar a súa reserva previa a través do teléfono de contacto 981 831662 ou ben enviando unha mensaxe ao enderezo museo.valleinclan@apobra.gal. m. t.

03 jul 2021 / 20:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.