Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Xubilados de Lousame festexaron o San Xoán con música e sardiñada

LOUSAME. A Asociación do Club de Xubilados do Concello de Lousame celebrou por adiantado este domingo a tradicional festa de San Xoán, nunha xornada na que os participantes puxeron en valor os produtos locais e a música tradicional. O mencionado evento tivo lugar nas instalacións do local social da localidade de Aldeagrande e organizouse en función de todas as medidas de seguridade sanitaria determinadas polas autoridades para a prevención de contaxios de coronavirus. Ao longo de toda a tarde as persoas asistentes á popular celebración tiveron a oportunidade de degustar produtos típicos deste tipo de festas, como por exemplo sardiñas, mexillóns e churrasco. Asimesmo, os asistentes gozaron da música en directo que chegou da man dos integrantes da Escola de Música Tradicional Son do Pote e dun dúo musical. S. Souto

23 jun 2021 / 14:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.