Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Axober Work Party abordará as principais novidades da reforma laboral

Celebrarase o 3 de novembro no Fórum carballés e hai que inscribirse previamente

Carballo. A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños, en colaboración co Concello de Carballo, organiza unha nova edición da Axober Work Party, un espazo de intercambio de experiencias para autónomos e empresas que nesta ocasión regresa ao formato presencial, tras dous anos consecutivos de celebración telemática debido á pandemia do Covid.

A xornada, que terá lugar o xoves 3 de novembro, ás 19.00 horas, no auditorio do Fórum Carballo, xirará arredor da Reforma Laboral: Aspectos Claves co fin de abordar e analizar as principais novidades desta polémica lei.

Incidirán especialmente na limitación á contratación temporal; na recuperación da ultraactividade dos convenios colectivos; na subcontratación, no convenio colectivo de aplicación; no novo contrato formativo; no mecanismo Rede de Flexibilidade; no sector da construción, na modificación contrato de obra; nos contratos fixos-descontinuos; e na reforma de Lei de Infraccións e Sancións e no reforzo do papel da ITSS.

O evento contará con tres relatores especializados na materia: Javier Fernández Travieso, funcionario de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade social; Carlos Puga Tigrás, avogado da Asesoría Cervantes; e Manuel Loureiro Souto, Graduado Social e xerente de Alea Asesores.

As persoas interesadas deberán inscribirse chamando ao 981 756 313 ou enviando un correo a informacion@axober.org antes do día 3 ás 14.00 horas. M. L.

20 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.