Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Deputación mellora en dez quilómetros dunha estrada de Caión a seguridade viaria

    A Laracha. A Deputación da Coruña incrementará a seguridade viaria dos municipios de Arteixo e A Laracha coa mellora do firme da estrada DP 0514 de Arteixo a Caión. As tarefas contarán cun orzamento 449.978 euros procedentes da institución provincial, que continúa a acondicionar a súa rede de estradas.

    As obras, en fase de licitación ata o 6 de abril de 2022, servirán para renovar máis de 10 quilómetros de estrada cunha capa de mestura bituminosa en quente.

    Desta forma, a Deputación incrementará a seguridade para os vehículos que transiten pola plataforma. Dentro da mellora do firme, levarase a cabo o fresado necesario en zonas de entronque con outras estradas e entradas de parcelas, segundo explicou o deputado provincial responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño. m.b.

    15 mar 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.