Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Laracha ampliará a oferta formativa habilitando unha Aula Mentor

O Ministerio de Educación vén de conceder ao Concello da Laracha unha axuda para a creación dunha Aula Mentor. Habilitará un espazo que contará co equipamento necesario (mobiliario, ordenadores, etc.) para que as persoas que o desexen poidan acudir a el para realizar os cursos formativos.

Aula Mentor é un programa de formación en liña non regulada, flexible e con titorización personalizada que vai dirixido a persoas maiores de 18 años, especialmente ás que abandonaron o sistema educativo sen ningunha titulación. Dispón dun extenso catálogo de cursos cos que os beneficiarios poden ampliar as súas competencias persoais e profesionais. Os obxectivos céntranse en proporcionar unha alternativa en materia de formación á poboación adulta que non ten oportunidade de asistir á oferta presencial e cuxo ritmo de aprendizaxe e dedicación require dun sistema totalmente flexible, non suxeito nin a horarios nin a prazos de ningún tipo.

A súa oferta formativa materialízase nun conxunto de cursos organizados en áreas formativas e que son deseñados e adaptados especialmente para as características dos potenciais destinatarios e da modalidade de ensinanza.

05 may 2021 / 16:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.