Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Laracha aspira a contar con nove socorristas para este verán

Sete efectivos e o coordinador serán a cargo da empresa que resulte adxudicataria do procedemento de contratación actualmente en trámite // Dous sumaríanse con axudas da Xunta para o aumento de emprego

A Laracha. A Laracha reforzará o servizo de salvamento e socorrismo na praia de Caión durante a temporada de baño que comezará a mediados de xuño. O propósito do goberno municipal é dispoñer dun total de dez efectivos (nove socorristas e un coordinador), un máis que no ano pasado, realizándose as contratacións por dúas vías diferentes.

Por un lado o Concello licitou a finais de abril a contratación do servizo á que, tras rematarse o prazo de presentación de ofertas, optan dúas empresas. Nos próximos días reunirase a Mesa de Contratación para clasificar as propostas atendendo aos criterios de valoración establecidos nos pregos que rexen o procedemento e que están dispoñibles para a súa consulta na Plataforma de Contratación del Sector Público.

A adxudicataria deberá dotar á praia con sete socorristas –dos que mínimo un deberá contar coa titulación de patrón de embarcación- e un coordinador xeral para prestar servizo de socorrismo, salvamento, vixilancia e primeiros auxilios no arenal do 15 de xuño ao 15 de setembro, todos os días entre as 12:00 e as 20:00 horas. O orzamento base de licitación, que ascende a 58.267,09 euros, procede de fondos municipais.

Por outra banda, o Concello ten solicitada a súa participación na convocatoria de axudas da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para o fomento do emprego e a mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais. A finalidade é contratar socorristas para a temporada de verán en Caión. Esta liña de subvencións está pendente de resolución. No caso de que sexa favorable, o Concello iniciaría o correspondente procedemento de selección de persoal para reforzar o servizo con dous efectivos máis para así chegar aos nove.

13 may 2021 / 16:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.