Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha entrega os premios dos concursos incluídos no programa Eu implícome... contra a violencia de xénero

Os participantes no Proxecto Xanelas participaron nun sorte de tres vales de compra de 100 euros para gastar no comercio local // Na competición de selfies en Instagram as premiadas recibiron unha tableta, un reloxo smartwatch e un altofalante portátil

A Laracha. O alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Igualdade, Rocío López, e a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha, Ana Aldao, fixeron entrega dos premios da iniciativa Eu implícome... contra a violencia de xénero que organizou o Concello no marco do programa en torno ao Día internacional contra a violencia de xénero celebrado o pasado 25 de novembro.

No referente ao Proxecto Xanelas, a través do que máis de cen establecementos comerciais e vivendas particulares luciron un cartel en formato globo de cómic con frases contra a violencia de xénero. Entre todos os participantes sorteáronse tres vales de cen euros para gastar nos comercios locais adherido ao programa. Deuse a casualidade de que os tres vales foron para establecementos comerciais: Tulipano Moda, Peluquería Monse Añón e Pescadería María.

Por outra banda, no concurso de Selfies realizado na conta de Instagram @Xuventudealaracha e no que se convidou a calquera persoa a participar sacándose unha foto xunto a algún dos carteis en formato globo de cómic, Uxía Iglesias foi a que obtivo máis “gústames” (758) e o seu premio foi unha tableta. A foto enviada por Estrella Gestal e Nerea Queijo foi a segunda máis votada (753), recibindo un reloxo smartwatch. A imaxe de Maribel Trigo (541) obtivo o terceiro galardón, consistente nun altofalante portátil.

03 dic 2020 / 17:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.