Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Laracha incrementou este ano as axudas para escolares en 20.000 €

A Laracha. A Xunta de Goberno Local da Laracha adxudicou as axudas municipais á escolarización a proposta da comisión de valoración, que durante as últimas semanas avaliou e cualificou a totalidade das solicitudes presentadas. A lista de bolseiros está dispoñible para a súa consulta na web municipal www.alaracha.gal, onde tamén pode descargarse o documento para xustificar a axuda. O prazo para facelo remata o 30 de novembro. A convocatoria deste ano está dotada con 75.000 euros, cun incremento de 20.000 euros con respecto ao exercicio anterior. Esta medida foi acordada polo Concello ante a situación económica actual e as dificultades que supón para moitas familias o inicio do curso escolar.

A contía das axudas oscila entre 150 e 400 euros, en función do nivel de estudos dos solicitantes. Son compatibles con calquera convocatoria de bolsas de estudos realizada por outra administración ou institución. M. Lavandeira

07 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.