Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Laracha mellora e reforza a seguridade na estrada de Bos Aires ao Pereiro

Facilitará os accesos cara o CEIP Otero Pedrayo para o transporte escolar, vehículos particulares e peóns

As obras de mellora e reforzamento da seguridade viaria na estrada larachesa que comunica Bos Aires con O Pereiro comezarán nos próximos días despois de que o alcalde, José Manuel López Varela, e o responsable da empresa Construcciones López Cao formalizasen o contrato de execución desta ampla actuación.

A intervención forma parte do Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo, xa que facilitará os accesos ao colexio de maior entidade do termo municipal tanto para os autobuses do transporte escolar como aos vehículos particulares e, tamén, a aquelas persoas que acoden ao centro a pé.

O proxecto contempla a ampliación da plataforma da calzada desde os 4,5 metros actuais ata os 10,60 metros que presentará unha vez finalicen as obras. Nese espazo habilitaranse un carril para cada sentido de circulación, senda peonil diferenciada e separada do ámbito de circulación, espazo de aparcamento nunha das marxes e arcén. En total a superficie afectada é de 8.140 metros cadrados.

Tamén se inclúen melloras na rede de pluviais e a correspondente sinalización horizontal e vertical. O proxecto está valorado en máis de 243.000 euros e será financiado integramente con fondos propios municipais.

18 oct 2021 / 20:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.