Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A nova xestora do PP de Ponteceso aposta por recuperar proxectos para o municipio

Bergantiños. A nova xestora do Partido Popular de Ponteceso inicia unha etapa de traballo aberta a toda a cidadanía, e co fin de recuperar proxectos para o municipio “despois de que nos dos últimos anos se perderan, entre outras axudas, os fondos procedentes do Plan de Obras e Servizos ante a negativa do alcalde socialista a negociar un plan consensuado”. Así o afirmou a responsable da agrupación, Marta Carrillo Aguiar, que anuncia “unha política construtiva, en clave positiva e contando con todos os que teñan ganas de traballar polo noso municipio, cunha aposta clara para recuperar ese PP forte que sempre tivo Ponteceso e polo que apostaban os nosos veciños”.

Segundo explicou a presidenta da xestora, o equipo que a acompaña está “moi ilusionado”, con ganas de traballar e coa mirada posta na recuperación de moitas das oportunidades que se perderon nos últimos anos “por culpa dun alcalde ausente, que goberna só co apoio de dúas concelleiras e que non conta cos concelleiros da oposición para sacar adiante iniciativas moi importantes”.

Neste senso, Marta Carrillo asegurou que desde o Partido Popular “non imos quedar parados vendo como o noso municipio segue perdendo oportunidades” e volveu reclamar ao alcalde “altura de miras e responsabilidade” para sacar adiante ao Concello. “Non podemos esquecer que o PSOE gobernaba con maioría absoluta e que agora só conta con tres concelleiros. Eles e só eles son os responsables do que está pasando en Ponteceso, da grave situación económica e de ingobernabilidade na que nos atopamos. Eles son os que teñen que poñerlle solución e nós imos estar aí para esixilo día tras día”, concluíu.

Os integrantes da nova xestora son Estefanía Pena Pombo, María Luz Rama Blanco, Mónica Bermúdez Chans, Adolfo Francisco Valiña Vázquez, Beatriz Martínez Calvo, Ana María Vecino Santiago e Marta María Carrillo Aguiar.

19 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.