Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A oposición de Ponteceso quedou soa no debate durante o último pleno

O alcalde non asistiu, e a concelleira de goberno que o substituíu ausentouse ata a votación // Acusan ao rexedor de non “dar a cara” // Lois García di que só buscan paralizar o concello

A Corporación de Ponteceso celebrou este venres outra esperpéntica sesión plenaria, á que non acudiron varios concelleiros e tampouco o alcalde, Lois Garcia (PSOE), que tamén se ausentara da comisión informativa previa. Sobre a mesa o nomeamento de abogado e procurador para defender ao Concello ante unha denuncia presentada polo propio rexedor en contra da moción pola que se acordara no seu día retirar as adicacións exclusivas ás dúas concelleiras do grupo de goberno.

Ante as reiteradas peticións dos membros da oposición para que a edil de goberno, Noelia Varela, que presidía a sesión, explicase os motivos da ausencia do alcalde, ésta decidiu abandonar a sala porque non se estaba debatindo o punto da orde do día, e regresou no momento da votación, na que se aprobou a proposta de nomeamentos feita polos membros da oposición.

“Xa non hai palabras para describir a situación. O alcalde non dá a cara, delega nas súas compañeiras incondicionais e non deixan falar nin debater. Non queren explicarlle ós veciños a verdade”, afirman os edís non adscritos (exsocialistas). Incidiron tamén en que, no seu momento, “as dedicacións políticas destináronse para o Plan de Emprego Social e dar a campanada populista. Agora non existe, non se lles renovaron os contratos aos traballadores pese a que as partidas políticas son anuais”. Consideran que con “eses cartos estaría en activo esa cuadrilla de persoas que traballou seis meses limpando as parroquias. Esa é a realidade”, afirman.

Pola súa banda, o portavoz do PP, Daniel García, que tampouco asistiu ao pleno, sinalou que “o alcalde perdeu o norte, e esto é un desgoberno total”. Considera inaudito que “un rexedor denuncie ao seu propio Concello, e mentres os camiños seguen sen limpar e os socorristas nin están nin se lles espera nas praias”, afirma. Critica ademais a actitude do goberno local, “que nin tan sequera solicitou as axudas da Xunta para limpezas e desbroces”.

O alcalde, Lois García, xustifica o recurso contra a reitrada do salario das dúas concelleiras do goberno sinalando que “seguen exercendo as súas funcións e foi un xesto contrario á lei”. Sinala que non hai ningún concello do tamaño de Ponteceso “que non teña algún membro do goberno con adicación exclusiva, é unha anomalía e non queremos que se perxudique o servizo público. Por iso acudimos á Xustiza”.

Acusa á oposición de “querer paralizar todo o que poden”, e critica tamén á Xunta porque “parece que se suma á estratexia do PP para afogar ao Concello de Ponteceso”. A este respecto, di que ten solicitadas varias reunións con responsables autonómicos pero “atopámonos coas portas pechadas”.

02 jul 2021 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.