Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta agradece dende Malpica a solidariedade das familias acolledoras

malpica. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu este sábado ao encontro con familias acolledoras organizado por Cruz Vermella no concello de Malpica de Bergantiños.

Durante o evento agradeceu a todas estas familias o seu espírito solidario e todo o cariño que ofrecen aos nenos en réxime de protección. O director xeral sinalou que a Xunta de Galicia aposta por esta fórmula de protección. Galicia conta con 961 familias acolledoras, que permiten que máis de 1.200 nenos e adolescentes vivan cunha familia. Jacobo Rey animou a que as familias difundan as vantaxes destes programas tanto para os nenos como para as persoas que participan neles.

Por outro lado, Rey agradeceu a Cruz Vermella a posta en marcha de programas específicos de acollemento familiar. m. c.

18 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.