Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Abren o prazo de inscrición de series ou proxectos no noveno Carballo Interplay

Carballo. A novena edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará do 6 ao 9 de abril de 2022, abre a inscrición para que todas aquelas persoas que o desexen presenten as súas series ou proxectos de serie á súa sección oficial, que repartirá 2.800 euros en premios. Poden facelo ata o 20 de febreiro de xeito gratuíto a través da web carballointerplay.com ou da plataforma Film Freeway.

Para participar na Sección Oficial a concurso, as series deben ser producidas entre os anos 2020 e 2022 e ter un mínimo de tres capítulos emitidos no momento de inscrición, pero poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou de animación, nacionais ou internacionais.

Para a inscrición e visionado das series en idiomas que non sexan o galego ou o castelán é obrigatorio que cando menos estean subtituladas en inglés ou nun destes dous idiomas, e os traballos que entren a concurso deberán estar subtitulados ao galego ou castelán no caso de non ser a versión orixinal en calquera destas dúas linguas.

Entre as propostas recibidas, un xurado composto por profesionais do sector audiovisual e da cultura premiará a mellor serie e a mellor serie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría, a mellor dirección e o mellor guión, con 200 euros e trofeo. As escollas do xurado novo e máis do público levarán 400 euros e trofeo, cada unha. M. l.

24 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.