Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Actividades deportivas para o verán na praia do Pendón de Cabana

O Concello de Cabana segue a promover a actividade deportiva entre a súa veciñanza coa organización da segunda edición do Campus de verán deportes de praia. A iniciativa, dirixida á rapazada de 8 a 16 anos de idade, ambas idades incluídas, desenvolverase entre o 4 e o 29 de xullo en horario de 10.00 a 14.00 horas na praia do Pendón, sempre que a climatoloxía así o permita, e de non ser así, as actividades trasladaríanse á Casa do Pendón.

A programación da vindeira edición do programa inclúe unha ampla variedade de disciplinas que irán desde deportes de equipo como voleibol, fútbol, balonmán ou rugby ata outras disciplinas como xincanas, navegación en kaiak, xogos de auga ou sendeirismo, entre outras.

As persoas interesadas en participar poderán reservar a súa praza ata as 14.00 horas do vindeiro 23 de xuño a través do seguinte formulario https://forms.office.com/r/iXdpdyYZQ8. O prezo por cada participante é de 10 euros, e no caso de anotarse varios irmáns a tarifa reduciríase a 5 euros. Os pagamentos faranse no Concello unha vez comezadas as actividades.

14 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.