Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Actividades en Ponteceso para manter activos aos maiores

Ponteceso. O Concello pontecesán porá en marcha un programa de envellecemento activo, dirixido ás persoas maiores de sesenta anos. Desenvolverase os venres 4, 8 e 11 e xuño. Na primeira xornada farán exercicios de presenderismo, relaxación e dinámicas de estimulación cognitiva, e na segunda sairán a percorrer unha ruta de sendeirismo e participarán en dinámicas de fotografía.

A terceira e última xornada do programa centrarase en dinámicas de memoria fotográfica e de relaxación.

As prazas son limitadas, e serán asignadas en función da orde de inscrición, polo que todas as persoas interesadas deben anotarse chamando ao número 604 081 426.

Por outra banda, o alcalde, Lois García, informou que a empresa Naturgy vén de investir 100.000 euros na instalación de novos transformadores situados na rúa do Concello, o que permitirá ter unha segunda liña adicional, o que evitará que se produzan cortes no subministro. M. L.

24 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.