Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adecentan a praia do Pendón para acoller o Campus de Verán de Cabana

O Concello de Cabana xa deu comezo ás tarefas de adecentamento e limpeza da praia do Pendón de cara a celebración do I Campus de Verán Deportes de praia, que se celebrará do 5 ao 31 de xullo e que estará destinado á rapazada de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos.

As inscricións poderán formalizarse do 15 ao 30 de xuño e as actividades serán variadas, entre as que se destacan fútbol, balonmán, voleibol, xincanas, búsquedas do tesouro, xogos de auga... No caso de condicións meteorolóxicas adversas, celebraranse no polideportivo municipal. As prazas serán limitadas debido á normativa COVID e a administración local porá a disposición das persoas interesadas un formulario de inscrición para poder facer formal a mesma.

04 jun 2021 / 19:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.