Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
O Casino 1889 de Carballo acolleu o sábado a primeira sesión da II edición do Galidoc // No que resta de mes presentaranse outros tres documentais contando coa presenza dos seus directores/as, cos cales haberá un coloquio ao final de cada proxección

Adriana Pérez, unha das autoras de “Fíos Fórá”: “Os que poideron entrar estiveron moi participativos no debate”

Carballo segue apostando pola divulgación da cultura galega coa celebración dunha nova edición do ciclo de cine documental Galidoc. Deu comezo o pasado sábado coa proxección “Fíos Fóra, historias de obreiras entre costuras e patróns” de Illa Bufarda. Este proxecto nace no 2012 da man das comunicadoras Sabela Iglesias e Adriana Pérez coa idea de sacar á luz unha produtora audiovisual na que se así mesmo se inclúan outras expresións como a fotografía, animación , publicidade e o deseño. “Dende un primeiro momento buscamos que sirva como laboratorio de creación e para formación”, comenta Adriana Pérez. Dende a idea ata a postproducción, e botando man de colaboracións profesionais foron adquirindo experiencia na creación audiovisual ata o día de hoxe. O ano pasado incorporouse a fotógrafa Pilar Abade. “Ten un perfil máis vinculado á fotografía pero tamén controla de audiovisual e deseño, polo que aporta unha nova mirada”, di.

Nesta segunda edición, membros do Casino 1889 puxéronse en contacto con Illa Bufarda para ver si querían programar “Fíos Fóra” dentro do festival. “Nun principio non sabían certo se se podería levar a cabo pola situación na que estabamos. Finalmente inténtano con tódalas medidas posibles para sacar adiante a actividade cultural”, comenta ela.

CONTIDO. Fíos Fóra co subtítulo historias de obreiras entre costuras e patróns é un documental do 2015. Trata sobre o sector téxtil e como lle afectou a globalización. “Relátase o feito de que había moitas mulleres que tiñan sabeduría para coser e a partir de aí creáronse moitas marcas de moda. Isto desencadeou nun boom nos anos 90 e nese momento externalizouse todo a outros países e nosa industria caeu en picado”, explica sobre o contido. Para achegarse o máximo posible á realidade, o filme recolle os testimonios das traballadoras, así como de diversos responsables de empresas do sector téxtil.

PROXECCIÓN NO GALIDOC. 1889. O sábado, antes da proxección, realizouse unha pequena presentación e rematouse cun coloquio no que o público compartiu coas autoras as súas reflexións e dúbidas arredor do documental. “Quedou xente fóra porque o aforo estaba moi limitado. Sen embargo os que poideron entrar estiveron moi participativos no debate”, afirma. Feito destacable foi a asistencia dunha das costureiras protagonistas do documental, María Graña. “A súa visión enriqueceu moito o debate”, apunta. Entre outros asuntos, destacaron os comentarios sobre a cuestión de xénero e a forma en que afecta na parte laboral.

Para as autores foi un día especial. “Saímos con boas sensación ao poder conversar con máis de dúas persoas despois de tanto tempo sen poder facer este tipo de actividades”, engade Adriana.

OUTROS TRABALLOS. Illa Bufarda tamén sacou adiante a longametraxe documental ““Patrimonio Habitado” (2016), sobre a zona do Xurés. Tamén fixeron a mediametraxe “Aberto e con fume” (2017) e a curtametraxe “Isaac, editor da memoria” (2012) entre outras moitas e variadas producións. “Agora estamos rematando outra longametraxe que levará o nome de “Negro Púrpura”, apunta.

20 ene 2021 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.