Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudicada a construción da rede de abastecemento de auga a Lema

O investimento será de 361.912 euros // Inclúe un ramal cara a praia e a conexión ás canalizacións de tres núcleos

A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou a adxudicación das obras de construción da rede de abastecemento de auga ao núcleo de Lema á empresa Vázquez y Reino por un prezo de 361.912,28 euros. O obxectivo da actuación, incluída no POS+Adicional 2019, é seguir estendendo pola costa a traída municipal, que nestes momentos chega ata Razo.

Nesta segunda fase instalarase a rede principal dende Razo ata Lema, que inclúe un ramal cara a praia e a conexión ás canalizacións existentes nos núcleos de Centeás, A Chamusqueira ou O Igrexario. Tamén se dará servizo ao Castrillón, onde se deixaron listas as tubaxes aproveitando as recentes obras de mellora viaria do lugar.

A maiores, está pendente de adxudicación o proxecto de instalación das redes de saneamento e abastecemento nos núcleos de Cambre e Outeiro (Lema) e Cambrelle (Razo), que se financiará con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais do ano 2019 cun orzamento de 416.971,86 euros. Na zona costeira, así mesmo, dentro do POS+ aprobado este ano inclúese un investimento de 687.472,26 euros para seguir estendendo a rede de subministro de auga potable ata Pedra do Sal.

En total, despois da recente execución da rede de abastecemento ás parroquias de Oza e Razo, o investimento que realizará o Concello de Carballo neste mandato para estender o servizo público de auga ao litoral superará os 3,2 millóns de euros.

02 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.