Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudicadas as obras das dúas sendas peonís de Soesto e Serantes

Laxe. A Consellería de Infraestruturas vén de adxudicar por 270.586 euros a construción das sendas de Soesto e de Serantes, na antiga traza da estrada autonómica AC-433, no concello de Laxe. Esta nova intervención busca facilitar os desprazamentos a pé dos veciños e favorecer unha mobilidade máis segura e sostible nestes núcleos, para o que se executarán algo máis de 1,3 quilómetros de sendas.

As obras, adxudicadas á empresa Construcciones Ponciano Nieto, S.L., iniciaranse nesta primavera, e contan cun prazo de execución de 8 meses. En paralelo ao proceso de adxudicación tramitouse a expropiación dos terreos, realizándose o levantamento de actas de ocupación o pasado 7 de marzo, e fixouse a formalización das actas de ocupación para o vindeiro 23 de maio.

Os novos itinerarios terán un ancho que oscilará entre os 1,50 e os 2 metros e construiranse en formigón coloreado, para facelos máis visibles, e de cor terrizo natural, para unha mellor integración na contorna. A senda do núcleo de Soesto executarase pola marxe esquerda da AC-433 e ten como obxectivo conectar os lugares do Rueiro e Castrelo. Construirase un itinerario de preto de 600 metros de lonxitude, do punto quilométrico 10+240 ao 10+821, o treito máis urbanizado e, tamén, o que empregan os veciños para ir á praia de Soesto.

No caso de Serantes, a senda executarase ao longo de algo máis de 700 metros de lonxitude pola marxe da estrada actual, pero apoiada na antiga traza, entre os núcleos de Conlle e O Piñeiro. Neste caso, o itinerario discorrerá pola marxe dereita da vía, entre os puntos quilométricos 11+390 ao 12+112, para favorecer a conexión coa igrexa de Santa María de Serantes e o cemiterio.

A Xunta incluirá no proxecto a recolocación de toda a sinalización e das defensas existentes. Na zona de Serantes prevense novas defensas que consisten na colocación de 454 metros de varanda metálica galvanizada e 14 balizas cilíndricas flexibles, con bandas retroreflectoras.

10 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.