Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudicado o skatepark que se ubicará na zona do IES Agra de Leborís

A Xunta de Goberno da Laracha adxudicou cinco proxectos de investimento en infraestruturas municipais valorados en 640.000 euros. O máis novidoso é o de creación do parque de patinaxe Skatepark na capital municipal, pola parte posterior do IES Agra de Leborís. O proxecto, orzamentado en 155.000 euros, será executado por Zona de Obras O Rosal S.L.

A actuación ten por finalidade ofrecer unha nova alternativa para o ocio e a práctica deportiva especialmente dirixida ao público adolescente e xuvenil. Disporá de diferentes tipos de planos inclinados e costas para ofrecer un amplo abano de posibilidades de movementos, piruetas e acrobacias para as diversas disciplinas.

Estará equipada cunha fonte de auga potable e iluminación en báculos e proxectores simétricos LED, polo que será preciso realizar as correspondentes canalizacións dos servizos de abastecemento e electricidade, ademais da recollida de pluviais.

Os outros catro proxectos céntranse na mellora da rede viaria municipal e alcanzan un investimento conxunto de 483.000 euros. Dous deles foron adxudicados a Construcciones J. Mauri e Hijos S.L., incluíndo actuacións nas parroquias de Golmar (núcleos de A Calvela e Requesende), Erboedo (núcleos de Cendón e Vilarmaior e accesos a O Vilar), Coiro (accesos a Longra e O Toural), Montemaior (núcleos de Cumiáns e A Fieira) e Lestón (núcleo de A Porta Santa).

A empresa Oviga resultou adxudicataria do proxecto de renovación do pavimento da estrada entre O Chamusco e Arén (parroquia de Cabovilaño) e do núcleo de Bocixa (Soandres). Por último, Canarga Construcciones executará o proxecto de mellora da estrada da parroquia de Vilaño que presenta unha lonxitude de 2,7 quilómetros e comunica os lugares de A Ribela, Marfulo e A Piña.

12 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.