Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Agrupadas máis de 460 hectáreas de terreos ca parcelaria de Couso

A concentración de 3.171 fincas beneficia a preto de douscentos cincuenta propietarios

Coristanco. O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, pola directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, fixo entrega de 793 títulos de propiedade da concentración parcelaria aos veciños e veciñas de Couso, dando por finalizado un proceso que afecta unha superficie de case 460 hectáreas e que permitiu reorganizar o territorio para beneficiar a 245 propietarios.

González sinalou que nesta parcelaria investíronse algo máis de 1,3 millóns de euros e conseguiuse pasar de 3.171 parcelas iniciais a 793. “A superficie media das parcelas multiplicouse por catro, o que demostra que as parcelarias son unha ferramenta moi útil para reorganizar a estrutura da propiedade e aumentar a base territorial das explotacións”, matizou.

Nas últimas semanas xa se entregaron os títulos noutras dúas zonas dos concellos de Riotorto e Touro e que, nos vindeiros meses, entregaranse máis de 3.700 títulos de propiedade doutras seis parcelarias, beneficiando a 1.750 veciños galegos. Nesta liña, José González sinalou que o Goberno galego destina para este ano 2021 máis de 12 millóns de euros nesta materia, co fin de seguir traballando nos 96 procesos que a día de hoxe están abertos en Galicia.

Polígono agrario

Noutra orde de cousas, o conselleiro sinalou que no Concello de Coristanco estase a estudar a delimitación dos perímetros que conformarían o polígono agrario para o cultivo de pataca. Neste senso, sinalou que hai unha actividade que ten moito valor engadido ao tratarse da pataca de Coristanco, polo que será unha garantía poñer en marcha este polígono para que a xente poida desenvolver a súa actividade agrícola con rendibilidade.

Ademais, salientou, “tamén se traballa na posta en marcha dun plan estratéxico da pataca de Coristanco, centrándose no ámbito da promoción e avaliando o xeito de incidir na transformación deste produto para obter un valor engadido en todo o seu ciclo de produción”.

24 mar 2021 / 19:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.