Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ainé pechará o FIOT carballés cun espectáculo sobre a cara oculta do fútbol

‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ poderá verse este luns ás 21.00 horas

Carballo. Recortes, caneos e outras formas de driblar, o espectáculo do Centro Dramático Galego e Ainé sobre a cara oculta do mundo do fútbol, atoparase o luns, día 31, co público de Carballo na función de peche do Festival Internacional Outono de Teatro.

A representación, que contará co sistema inclusivo de linguaxe de signos e audiodescrición posto en práctica pola compañía pública, será ás 21.00 horas no Pazo da Cultura carballés e con ela iniciará a xira galega que inicialmente levará esta produción por once escenarios ata o vindeiro mes de febreiro.

Así, tras a súa estadía de case un mes no Salón Teatro de Santiago e da clausura do FIOT, o equipo porá rumbo cara a Ourense (no auditorio municipal, os días 4 e 5 de novembro), Vigo (Teatro Afundación, do 11 ao 13 de novembro), Narón (Pazo da Cultura, 25 e 26 de novembro), Pontevedra (Auditorio Sede Afundación, 10 e 11 de decembro), Cangas (auditorio municipal, 23 de decembro), Burela (auditorio da casa da cultura, 7 e 8 de xaneiro), Lugo (Auditorio Gustavo Freire, 13 e 14 de xaneiro), Vilagarcía de Arousa (auditorio municipal, 20 e 21 de xaneiro), A Coruña (Teatro Colón, do 26 ao 28 de xaneiro) e Ferrol (auditorio, 3 e 4 de febreiro).

As entradas para a meirande parte das funcións desta xira están xa están dispoñibles nas canles de venda habituais de cada un dos espazos.

O espectáculo colgou o cartel de entradas esgotadas a pasada fin de semana nas últimas das 21 funcións que ofreceu no Salón Teatro. M. L.

30 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.