Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 21 junio 2021
00:14
h

Amal en Ruta trae a Carballo ‘Gaza’, un documental premiado con Goya

O ciclo de cine euro-árabe presenta mañá no Pazo da Cultura carballés, a partir das 20.00 horas, a curtametraxe documental Gaza, que recibiu o Premio Goya. Dirixido por Gary Keane e Andrew McConnell, chega á cuarta edición do festival que se celebra na capital de Bergantiños para abordar a ofensiva israelí contra a Franxa de Gaza, enclave que o réxime de Tel Aviv bombardeou e a cuxa poboación masacrou.

A cinta, que se proxectou por primeira vez no Festival de Cine de Sundance, acadou o Premio Goya á Mellor Curtametraxe Documental 2019 pese aos intentos do goberno de Israel de prohibir a súa exhibición e reprodución. É un retrato da vida cotiá dos cidadáns e cidadás de Gaza que continúan as súas vidas a pesar de estar no epicentro do conflito. O acceso ás proxeccións é libre e gratuíto, pero debido ás restricións sanitarias o aforo é limitado, e hai que solicitar a entrada en culturaentradas@carballo.gal.

12 may 2021 / 19:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.